Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Gavita (Poboacións nidificantes) (Haematopus ostralegus)

Descrición

Especie inconfundible pola súa plumaxe. Peito, dorso, papo e cabeza negros. Bico recto, longo e vermello. Ollos vermellos. Patas rosadas. A cola é branca, aínda que cunha banda terminal negra. A rabadilla tamén é branca, en forma de cuña. Ancha banda branca na parte superior das ás, visible só cando voa.

En inverno presentan unha semicor branca no pescozo e partes superiores pardas, igual que os inmaturos, que tamén teñen o bico vermello coa punta de cor escura.

Reprodución

Cría en escaso número, en illotes do litoral norte e noroeste do país. Fai o niño no chan, onde incuba 3 ovos amarelados raiados de escuro. Os polos camiñan ao pouco de nacer.

Alimentación

Invertebrados mariños, especialmente moluscos bivalvos (berberechos, ameixas, mexillóns...) e crustáceos (cangrexos, camaróns...).

Hábitat

Calquera zona da baixamar, como praias, marismas, estuarios, illas e illotes.

Distribución

Os efectivos aumentan considerablemente no inverno coa chegada de moitos individuos migradores. A poboación residente é bastante escasa.

Estado de conservación

Elevada mortaldade en período de cría por aumento de predadores como cans, gatos e gaivotas; moi afectada pola presión humana en forma de pescadores, excursionistas... 

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Ficha (26 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS