Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla)

Descrición

Gaivota de tamaño medio, coa parte dorsal e a parte superior das ás agrisadas, e cunha banda posterior branca. A punta das primarias é completamente negra. O resto do corpo, todo branco. Peito amarelo e patas negras. Ollos escuros e aspecto bondadoso.

Os inmaturos presentan o lombo agrisado e cando voan vese unha banda negra en diagonal ata o vértice flexor que continúa polas primarias ata a punta da á. Banda negra no cocote e na punta da cola.

Reprodución

Aniña en cantís e illotes en pequenas colonias. Incuban 2 ovos agrisados pencados de escuro. Os polos poden voar ao cabo de mes e medio.

Alimentación

Está baseada, sobre todo, en peixes e invertebrados.

Hábitat

Estrictamente peláxico, aínda que vai a terra para criar.

Distribución

A poboación galega está diminuíndo e aparece renegada ás illas, illotes e cantís de noso litoral atlántico. En inverno vense intensos fluxos migratorios.

Estado de conservación

Moi ameazada, especialmente pola contaminación mariña.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Ficha (31 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS