Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Eunicella verrucosa (Eunicella verrucosa)

Descrición

Especie colonial de ata 60 cm de altura, erguida, flexible e moi ramificada nun só plano, orixinando formacións arbustivas. A colonia de cor branca fíxase ao substrato por unha placa basal de gran tamaño. A cortiza presenta abundantes espículas de dous tipos: unhas alongadas cos extremos aguzados e outras con forma de maza.

Reprodución

Reprodúcese en xuño e xullo por medio de ovos, dos que eclosionan unhas larvas planctónicas libres.

Alimentación

As colonias adoitan orientarse de forma perpendicular á corrente para captar mellor o alimento. A súa alimentación é a base de plancto.

Hábitat

Aparece en fondos rochosos ou detríticos onde se fixan a rocas e a substratos duros, chegando ata profundidades de 200 m (máxima profundidade compatible coa existencia de algas multicelulares adaptadas a luminosidade escasa).

Distribución

Mediterráneo e Atlántico.

Estado de conservación

O arranque de colonias derivado da ancoraxe de embarcacións, de determinadas artes de pesca ou dunha recolección como obxecto decorativo polos mergulladores son algunhas das súas ameazas.

Ficha (37 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS