Descrición
Tamaño de pomba. Os adultos presentan cara, garganta e partes superiores das ás de cor arroibada. O pescozo e o peito, de cor agrisada. A parte dorsal do corpo, acastañada. As partes ventrais son brancas, cos costados con manchas de cor arroibada e unha notoria mancha castaña en forma de ferradura (apenas evidente nas femias). Patas amarelas.
Reprodución
A comezos de maio fai o niño nunha pequena depresión do chan, entre a vexetación da matogueira. Incuban 12-14 ovos amarelados. Os polos xa poden camiñar ás poucas horas de eclosionar.
Alimentación
Comen sementes, bagas, follas, insectos, miñocas e outros invertebrados.
Hábitat
Prefire as matogueiras de altitude formadas por uceiras, carriceiras, xestas e toxos. Porén, en inverno adoita baixar cara aos terreos de labranza.
Distribución
Renegadas ás áreas de montaña da parte sueste do noso país.
Esatdo de conservación
Moi ameazada nas súas zonas de cría por caza indiscriminada e por contaminación xenética con individuos procedentes de soltas de granxas. Tamén moi afectada por alteracións no seu hábitat, como incendios, plantacións forestais, sobrepastoreo...
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (30 Kb)
