Descrición
Ave de rapina de tamaño medio, coa cor case uniformemente parda, aínda que co centro das plumas escuro e a cabeza gris azulada. O trazo máis característico é a cola, profundamente aforquetada, de cor arroibada pola parte dorsal e branca pola parte ventral. Ás longas, anchas, bastante angulosas, cunha gran franxa branca na base das primarias e coas puntas de cor negra.
Reprodución
Aniña en árbores de bosques que limiten con zonas abertas. Incuban 2-3 ovos, xeralmente a femia, no comezo da primavera. Os polos abandoan o niño aos dous meses despois de nacer.
Trátase dunha poboación marxinal, sendo o núcleo reprodutor do centro-oeste (Zamora, Salamanca, Cáceres) o máis próximo á nosa comunidade. Cría en áreas amplas con pasteiro en cultivos cerealistas onde tamén aparezan árbores nas que construír os niños.
Alimentación
Come, sobre todo, pequenos vertebrados, invertebrados e mesmo prea.
Hábitat
Gusta de zonas abertas con soutos de bosques nas marxes.
Distribución
Rapaz distribuída exclusivamente no oeste de Europa, con poboacións importantes en Alemaña, Francia e España. A área de distribución na península é pouco coñecida, e en Galicia poderían aparecer escasas parellas reprodutoras en certos puntos das provincias de Lugo e Ourense.
Estado de conservación
As ameazas principais son o envelenamento e a modificación dos hábitats de nidificación e alimentación (principalmente, a causa da intensificación agraria).
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (26 Kb)
