Descrición
Bivalvo mariño dun tamaño máximo de 35 mm, con valvas de cor branca e forma suboval que presentan estrías lonxitudinais de crecemento bastante ostensibles.
Alimentación
Trátase dun molusco filtrador, polo que se alimenta de microorganismos e partículas en suspensión, fundamentalmente fitoplancton.
Hábitat
Principalmente vive en fondos areosos ou lamacentos a unha profundidade de 0,5 a 35 m.
Distribución
Ampla presenza en Europa. A súa distribución e abundancia en Galicia non son coñecidas con detalle, aínda que parece unha especie pouco frecuente.
Estado de conservación
Para a súa conservación cómpre reducir as verteduras contaminantes no litoral e erradicar as dragaxes nas áreas onde vive, así como evitar a construción de infraestruturas que alteren a dinámica das mareas e, polo tanto, modifiquen a estrutura do seu hábitat.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (30 Kb)
