A identificación individual con microchip é obrigatoria:
A identificación dos cans e dos animais considerados como potencialmente perigosos está regulada no artigo 5º do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.
A identificación definitiva supón a marcaxe con microchip e o procesamento informático dos datos relativos á marcaxe. O microchip asigna ó animal un código de identificación individual que permite diferencialo doutro, relacionando a súa propiedade cunha persoa física ou xurídica.
Os datos almacénanse nun sistema informático responsable da emisión e control dos códigos de identificación (REGIAC). A base de datos actúa como rexistro de censado e identificación.
A modo de exemplo, en persoas, o censado podería ser algo similar a un empadroamento a nivel de concello, e a identificación individual sería algo similar ó noso DNI, e do mesmo modo que o DNI actuaría como identificación no país de orixe e no extranxeiro.
Xurde un novo concepto de identificación animal, no que o importante é que cada animal sexa identificado individualmente de xeito fiable e permanente. Para que isto sexa así deben darse dous requisitos básicos:
O bo funcionamento e coordinación entre ambos, garantizan unha correcta identificación.
Sen o microchip estou perdido:
Dende o 2 de xullo de 2003 é obrigatoria a identificación con microchips de tódolos cans da Comunidade Autónoma Galega (Decreto 90/2002, do 28 de febreiro).¿Qué é un microchip? É un dispositivo electrónico diminuto que se implanta baixo a pel do pescozo do can, mediante unha inxección, e aporta a cada animal un código individualizado. O código do microchip léese mediante lectores electrónicos dos que dispoñen os axentes da autoridade e os veterinarios actuantes do REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía).
É un rexistro informatizado donde se recolle toda a información dos microchips dos cans identificados en Galicia. É propiedade da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, e actualmente está xestionado polo Consello Galego de Colexios Veterinarios.
Información para propietarios de animais:
A implantación debe ser realizada por veterinarios actuantes do REGIAC, autorizados pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Días despois de efectuar a identificación recibirá no seu enderezo unha tarxeta acreditativa. A maioría das clínicas veterinarias de Galicia contan xa polo menos cun veterinario autorizado por dita Consellería. Algúns dos veterinarios realizando clínica ambulatoria tamén están rexistrados. Consulte co seu veterinario habitual ou nas clínicas veterinarias da súa localidade.
Pode estar tranquilo.A información sobre vostede e o seu can non se perde porque as antigas bases de datos volcarán a súa información na aplicación informática do REGIAC.
O microchip fomenta a tenza responsable e evita posibles abandonos, os cans tamén teñen documento de identidade.
Información para veterinarios
| Teléfonos de interese | |
| Información REGIAC: Teléfono de información ó cidadán e ó veterinario actuante: | 988 60 30 75 |
| A Coruña | 981 184 539 981 184 585 |
| Lugo | 982 294 522 |
| Ourense | 988 386 568 |
| Pontevedra | 986 805 469 |
| D. X. de Conservación da Natureza | 981 547 213 981 541 769 |
