Orixe
Situada na Galicia meridional, no borde nor-occidental da provincia de Ourense, a D.O. Ribeiro aséntanse sobre unha superficie de 2.685 ha. de viñedo, situadas na confluencia dos vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño na provincia de Ourense.
Os viños desta comarca gozan dunha gran tradición, pois xa tiñan sona internacional no século XVI, cando na súa capital, Ribadavia, se estableceron normas para garantir a calidade e autenticidade dos ribeiros. Para o Ribeiro a vitivinicultura constitúe un punto de referencia ineludible no seu quefacer histórico, cun legado xenético orixinal e copioso que transmite a súa principal característica: a diversidade.
Os bordes montañosos illan esta comarca da influencia marítima atlántica, o que determina a súa menor pluviosidade respecto de outras próximas. O clima é temperado e húmido, con temperaturas medias de 14,5 graos centígrados. As terras son maioritariamente de orixe granítica e, en xeral, acedas.
Características
Os viños desta denominación responden a unha serie de combinacións de exquisitos aromas afroitados e florais que case sempre resultan sorprendentes ao elaborarse con variedades autóctonas tradicionais (Treixadura, Torrontés, Loureira, Caíño, Brancellao, Sousón) posuíndo unha acusada personalidade que os fai incomparables.
Os viños brancos do Ribeiro son lixeiros, frescos, secos, afroitados, de cor de palla pálida, elevada acedume fixa e unha graduación alcólica entre 9,5º e 13 º. Estes viños deben consumirse preferentemente no primeiro ou segundo ano, ao non ser sometidos a procesos de avellentado.
Os viños tintos do Ribeiro, son de cor vermella morada e compensados de acedume, sendo a graduación comprendida entre 9,5º e 12º. O seu consumo, igual cos brancos, deberá ser no primeiro ano.
Variedades de uva e tipos de viño
Variedades
Tipos de viños Amparados
Os viños monovarietais presentan unha excelente estrutura, cunha cor non moi acentuada. Ao igual que os brancos, os tintos tradicionais do Ribeiro son plurivarietais, sendo o conxunto brancellao-caíño-sousón o máis característico, aportando o brancellao estrutura, o caíño aromas e o sousón cor.
O viño tostado do Ribeiro, é un viño obtido a partir da selección das mellores uvas autóctonas da D.O., sometidas a un proceso de secado e pasificación baixo cuberta.
Os tostados brancos elabóranse exclusivamente con uvas das variedades treixadura, torrontés, albariño, loureira e godello e os tostados tintos das variedades caíño, ferrón, sousón, brancellao e mencía.
Regulamentación
Datos técnicos
Rexistros a 31 decembro de 2007:
Superficie inscrita: 2.731,46 ha
Viticultores: 6.022
Industrias: 116
Volume de actividade no ano 2007:
Produción uva: 11.679.570 kg
Viño cualificado: 10.724.960 l
Valor económico estimado: 26.812.400 €

Ficha técnica 2010 (103 Kb)
Presidente: Luís Anxo Rodríguez Vázquez
Salgado Moscoso, 11
32400 Ribadavia
Ourense
Tel.: 988 477 200
Fax: 988 477 201
E-mail: ![]()
Web: www.ribeiro.es
