Orixe
A zona de produción da D.O. Ribeira Sacra abrangue comarcas de gran tradición vitivinícola, que inclúen parroquias e lugares de 19 concellos nas escarpadas e soleadas ladeiras repartidas ao longo das Ribeiras dos ríos Miño, Sil e os seus afluentes, no sur da provincia de Lugo e norte de Ourense. Os viñedos medran sobre socalcos ó abeiro dos ríos e baixo a tutela de fragas e ancestrais ermidas e mosteiros románicos que gardan a historia e o saber desta terra.
A área xeográfica desta denominación de orixe divídese en cinco subzonas diferenciadas, Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil, onde tradicionalmente, dende hai máis de 2000 anos, elabóranse excelentes viños dunha gran personalidade.
Características
A D.O. Ribeira Sacra está orientada fundamentalmente á produción de viños tintos, elaborándose tamén brancos moi interesantes. É a Mencía, señorial variedade tinta, a máis cultivada na Ribeira Sacra, dando lugar a viños de gran calidade, que salientan polos seus recendos limpos, elegantes e intensos, a súa cor cereixa intensa, brillante e cun reberete púrpura.
Entre os viños brancos, cunha produción menor, destacan os que se obteñen das variedades Godello, Albariño e Treixadura, de gran frescura e ao mesmo tempo con gran plenitude en boca. Afroitados e cun fino toque de acidez, destacando polo seu lixeiro retrogusto e delicada presenza no padal. A graduación alcohólica mínima destes monovarietais é de 11º.
Variedades de uva e tipos de viño
Variedades:
Tipos de viños:
Os viños máis característicos da D.O. Ribeira Sacra son os tintos elaborados sobre a base da variedade mencía, aínda que tamén se elaboran monovarietais brancos das variedades godello e albariño, e viños plurivarietais das distintas variedades preferentes e autorizadas.
Regulamentación
Datos técnicos
Rexistros a 31 de decembro do 2007:
Superficie inscrita: 1.222 ha
Viticultores: 2.870
Industrias: 100
Volume de actividade no ano 2007:
Produción uva: 4.542.079 kg
Viño cualificado: 3.081.591 l
Valor económico estimado: 14.381.000 €

Ficha técnica 2010 (108 Kb)
Presidente: José Manuel Rodríguez González
Rúa Pescaderías, 1 (Antigo Torreón)
27400 Monforte de Lemos
Lugo
Tel.: 982 410 968
Fax: 982 411 265
E-mail: ![]()
Web: www.ribeirasacra.org
