Orixe
A área xeográfica da D.O. Rías Baixas comprende territorios onde tradicionalmente, e dende tempo inmemorial, se producen viños de calidade na provincia de Pontevedra e no límite desta coa provincia da Coruña. Dita área distribúese en cinco subzonas perfectamente individualizadas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla. Os viños que se elaboran son maioritariamente brancos, a base da variedade Albariño.
Polo seu clima, próxima ao límite do cultivo da vide, a Denominación de Orixe Rías Baixas está plenamente integrada na gran rexión Atlántica dando lugar, polo tanto, a viños que a literatura especializada clasifica como atlánticos.
Características
Os viños monovarietais de albariño teñen unha cor amarelo-palliza, brillante, con irisacións douradas e verdes. No nariz posúen recendos florais e froiteiros finos e distinguidos, que impresionan agradablemente, de intensidade media e duración medio-longa. Na boca son frescos e suaves, con suficiente corpo e grao alcohólico, acidez equilibrada, harmoniosos e con amplos matices. O seu retrogosto é pracenteiro, elegante e completo.
Os viños Rosal e Condado están persoalizados por levar na súa composición as castes loureira e treixadura, respectivamente. Son viños de intensos arrecendos con lixeira acedume, e na boca, plenos, agradables e atractivos.
Formularios
Contrato de compravenda de uva para a súa transformación en viño. Campañas 2009, 2010 e 2011 (313 Kb)
Variedades de uva e tipos de viño
Variedades
Tipos de viño
Regulamentación
Datos técnicos
Rexistros a 31 de decembro de 2007:
Superficie: 3.496 ha
Viticultores: 6.511
Industrias: 194
Volume de actividade no ano 2007:
Produción uva: 18.721.995 kg
Viño cualificado: 17.800.407 l
Valor económico estimado: 82.594.000 €

Ficha técnica 2010 (106 kb)
Presidente: José Ramón Meiriño González
Pazo de Mugartegui, s/n
36002
Pontevedra
Tel.: 986 854 850
Fax: 986 864 546
E-mail: ![]()
Web: www.doriasbaixas.com
