Orixe
Os viñedos da D.O. Monterrei esténdense polos concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Verín, na parte oriental da provincia de Ourense, extremo sueste de Galicia, na fronteira con Portugal, ocupando as ladeiras dos montes e vales regados polo río Támega e os seus afluentes, abranguendo unha extensión de 650 ha. O castelo de Monterrei preside e dá nome á bisbarra de produción, que ocupa unha superficie de 3.000 ha.
O clima nesta zona é máis seco ca no resto de Galicia, resultando moi benigno para o cultivo da viña e predominando a influencia continental sobre a atlántica, o que facilita obter colleitas sas con mínimos tratamentos. A medida que ascendemos en altura ata superar os 800 metros s.n.m., o cultivo faise máis difícil, aínda que estas condicións se compensan cunha grande calidade.
Características
A conxunción de peculiares solos e clima, xunto coa tradición vitivinícola herdada de xeración en xeración permiten extraer das vellas variedades uns caldos con personalidade inimitable, resultando uns viños brancos de cor amarela pálida ou cor de palla, con irisacións douradas, potentes en nariz con aromas frescos e a froita madura. Na boca, frescos, afroitados e cunha certa punta de acedume que equilibra e compensa o grao alcólico (12-12,5º) e un final lixeiramente amargo.
En canto aos viños tintos é de subliñar que posúen unha intensa cor morada, con tons violáceos ou cereixa, sobresaíndo o seu potente aroma con notas de froitas do bosque e froitos vermellos (framboesa e amorodo). En boca apréciase acedume e alcol (12,5º), harmoniosos e ben conxuntados, frescos e sabor de froita vermella madura.
Variedades de uva e tipos de viño
Regulamentación
Datos técnicos
Rexistros a 31 de decembro de 2007:
Superficie inscrita 702 ha
Viticultores: 617
Industrias: 20
Volume de actividade no ano 2007:
Produción uva: 1.303.729 kg
Viño cualificado: 623.200 l
Valor económico estimado 2.648.600 €

Ficha técnica 2010 (83 kb)
Presidente: Antonio Ángel Méndez Atanes
Mercado Comarcal, 1 (Lonxa Hortofrutícola)
32600 Verín
OURENSE
Tel.: 988 410 634
Fax: 988 410 634
