Produto protexido
A D.O.P. Queixo Tetilla ampara o queixo elaborado con leite de vaca das razas rubia galega, frisona e pardo alpina.
O leite destinado á súa elaboración debe ser o produto natural e íntegro do muxido de vacas sas que non conteñan costros, conservadores ou produtos medicamentosos.
O Queixo Tetilla é o resultado dunha maduración ou fermentación que comeza no mesmo leite nada máis muxido e segue a través da coagulación e transformacións químicas que definen o produto e que son a consecuencia da simbiose vaca-contorno e da capacidade de transmitir na devandita síntese a súa identidade. É interesante subliñar a influencia das razas salientadas, perfectamente adaptadas ao medio, como unha das causas definitorias da obtención do Queixo Tetilla.
As pezas (entre 0,5 e 1,5 Kg) van provistas de etiqueta, onde se fai referencia á súa condición de Denominación de Orixe Protexida e con contraetiqueta numerada de control do Consello Regulador.
Orixe
Tanto a zona de produción de leite como a de elaboración do Queixo Tetilla abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Características
O queixo amparado pola D.O.P. Queixo Tetilla, que se caracteriza pola súa forma cónica ou cónica-convexa; presenta unha cortiza apreciable, fina e elástica, de menos de 3 mm de espesor, de cor amarela de palla, natural e sen mofos. A pasta é branda, cremosa e uniforme, con poucos ollos e regularmente repartidos, de cor branca-marfil, amarela. O seu aroma, suave e lixeiramente ácido, lembra á materia prima, ao igual que o seu sabor lácteo, de manteiga, lixeiramente ácida e con salgado suave. O período mínimo de maduración é de 7 días dende a súa saída de salmoira.
Ao remate da maduración, o Queixo Tetilla con D.O.P. presenta un contido sobre extracto seco de materia graxa non inferior ao 45%.
Regulamentación
Datos técnicos
Rexistros a 31 de decembro de 2007:
Gandeiros: 904
Queixerías: 31
Volume de actividade no ano 2007:
Produción queixo: 2.841.000 kg
Valor económico estimado: 17.727.000 €

Ficha técnica 2010 (13 Kb)
Presidente: Carlos Cid González
Pazo de Quián
15881 Sergude-Boqueixón
A Coruña.
Tel.: 981 511 751
Fax: 981 511 864
E-mail: ![]()
Web: www.queixotetilla.org
