Produto protexido
A protección outorgada pola I.X.P. “Pan de Cea” corresponde á produción de pan elaborado no ámbito da zona protexida, nas instalacións inscritas no rexistro do consello regulador, empregando como materias primas exclusivamente fariña de trigo, auga, sal e fermento, debendo elaborarse segundo o proceso tradicional en fornos que reúnan as características típicas e específicas dos da zona.
Os pans amparados pola I.X.P.”Pan de Cea” poden adoptar dúas presentacións:
Orixe
A zona de elaboración do pan amparado pola I.X.P. “Pan de Cea” é a que abrangue o termo municipal de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense.
Neste concello vense elaborando dende tempos moi remotos un pan dunha excepcional calidade, grazas á cal atinxiu unha notoriedade que transcendeu, con moito, das fronteiras da comarca en que se sitúa.
Características
Os pans amparados pola I.X.P. presentan unha forma alongada e arredondada nos extremos, cunha fenda transversal característica no centro da súa parte superior, que divide o pan en dúas partes iguais alombadas e ensambladas.
A codia é grosa e de espesor variable, mesmo nunha mesma peza, oscilando aproximadamente entre 0’5 e 1 cm, cunha consistencia dura e ríxida, con rotura crocante e con tendencia a facer láminas, cor dende dourada a castaño escura e sabor a tostado.
A miga ten textura esponxosa, fibrosa e firme, con alveolado non moi abundante, distribuído de xeito irregular e de tamaño moi variable, cor apergamiñado e sabor intenso a trigo.
Regulamentación
Datos técnicos
Rexistros a 31 de decembro de 2007:
Fornos: 15
Volume de actividade ano 2007:
Produción certificada: 332.746 kg
Valor económico estimado: 728.300 €

Ficha técnica 2010 (103 Kb)
Presidente: Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez
Praza Maior, 1
32130 San Cristovo de Cea
Ourense
Tel.: 618 265 307
E-mail: ![]()
Web: www.pandecea.org
