Produto protexido
A Agricultura Ecolóxica é un sistema de produción de alimentos, baseado no respecto do medio ambiente, do benestar animal e do mantemento e mellora da fertilidade do solo. Empréganse prácticas agrícolas que fomentan o equilibrio do ecosistema, evitando ou excluíndo a case totalidade de produtos químicos de síntese, como fertilizantes, produtos fitosanitarios, etc; recorrendo a outras técnicas como a rotación e asociación de cultivos, o emprego de abonos verdes, o control biolóxico de pragas e o aumento da biodiversidade mediante o establecemento de sebes e o mantemento da vexetación dentro das parcelas.
Esta Denominación ampara a totalidade da produción primaria así como a elaboración e transformación dos alimentos, polo que as presentacións posibles son todas as que habitualmente se dan para calquera produto alimentario.
En calquera caso, o etiquetado ten que ir acompañado da contraetiqueta do Consello Regulador, facendo referencia ao método de produción ecolóxica. Esta contraetiqueta, previa autorización do Consello, poderá ir incluída na propia etiqueta comercial.
Orixe
A zona xeográfica na que exerce o seu control o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) é todo o territorio da Comunidade Autónoma Galega.
Características
As producións ecolóxicas susceptibles de ser protexidas pola denominación son a totalidade das producións agrícolas vexetais e animais non transformados, os produtos agrícolas vexetais e animais transformados destinados á alimentación humana e os alimentos, pensos compostos e materias primas para a alimentación animal.
Por ser produtos que se obteñen dunha agricultura sen o emprego de produtos químicos de síntese e, polo tanto, con ausencia total destes sobre os alimentos, pódese dicir que posúen a máxima calidade nutritiva, sanitaria e organoléptica, ademais de manter as súas propiedades alimenticias e de madurez durante máis tempo.
Regulamentación
Datos técnicos
Rexistros ano 2007:
Produtores: 407
Elaboradores: 65
Volume da actividade ano 2007:
Valor económico estimado: 9.570.000 €

Ficha técnica 2010 (19 kb)
Presidente: José Antonio Fernández Álvarez
Rúa Circunvalación s/n. Edificio multiusos
27400 Monforte de Lemos
Lugo
Tel.: 982 405 300
Fax: 982 416 530
E-mail: ![]()
Web: www.craega.es
