Produto protexido
A I.X.P. “Ternera Gallega” establece como apto unicamente o gando das razas Rubia Galega, Morenas do Noroeste, os cruces entre si e determinados cruces destas con outras razas. O gando criarase en explotacións controladas polo Consello Regulador.
A alimentación do gando adaptarase ás normas tradicionais de aproveitamento dos pastos en Galicia, segundo as peculiaridades típicas que marcaron secularmente a produción cárnica galega e que están ligados a factores culturais e sociolóxicos. Na alimentación suplementaria empregaranse produtos como millo, patacas, nabos, forraxes secos ou frescos, e concentrados en base a cereais autorizados polo Consello Regulador.
Quedan expresamente prohibidos aqueles produtos que poidan interferir no ritmo normal de crecemento e desenvolvemento do animal, así como os derivados animais reciclados.
As canais e as pezas están identificadas con etiquetas certificadoras expedidas pola Indicación Xeográfica Protexida, onde se distinguen os elementos diferenzadores de Ternera Gallega (logotipos de “Ternera Gallega” e o europeo das indicacións xeográficas protexidas), código numérico e categoría comercial (“Ternera Gallega Suprema” leva contraetiquetas con fondo de cor rosado, e “Ternera Gallega” etiquetas de fondo de cor marelo). Estas etiquetas acompañarán ao produto en tódalas etapas da súa comercialización. O produto fileteado en barquetas leva tamén unha contraetiqueta oficial controlada polo consello regulador.
Orixe
A área de produción e sacrificio circunscríbese exclusivamente á Comunidade Autónoma de Galicia.
Características
A Indicación Xeográfica Protexida ampara e protexe a carne fresca de vacún, procedente dos animais nacidos, criados e sacrificados en Galicia. É unha carne que garda un equilibrio entre o seu contido graxo e muscular, moi tenra, de gran suculencia e textura suave. O músculo é de gran fino e de consistencia firme, e a cor vai dende un rosa claro ata un vermello suave.
Considerando a idade, o manexo e a alimentación distínguense as seguintes categorías:
Regulamentación
Datos técnicos
Rexistros a 31 decembro de 2007:
Produtores activos (gandarías e cebadeiros): 6364
Industrias: 72
Volume de actividade ano 2007:
Canais certificadas: 74.945
Produción carne protexida: 16.206 t
Valor económico estimado: 73.316.000 €

Ficha técnica 2010 (18 kb)
Presidente: Jesús González Vázquez
Recinto Feiral Amio
Apartado 2014
15891 Santiago de Compostela
A Coruña
Tel.: 981 575 786
Fax: 981 574 895
E-mail: ![]()
Web: www.terneragallega.com
