Produto protexido
A D.X. Augardente de Herbas de Galicia protexe esta bebida espirituosa tradicional elaborada en instalacións inscritas nos rexistros do consello regulador, obtida a partir de augardentes amparadas pola denominación xeográfica Orujo de Galicia/Augardente de Galicia, mediante maceración e/ou destilación do alcohol en presenza das herbas que a caracterizan.
Orixe
Tanto a elaboración como o embotellado das augardentes de herbas deberá ser realizado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Características
A “Augardente de herbas de Galicia” deberá ter un contido en azucres inferior a 100 gramos por litro. A súa graduación alcohólica oscila entre os 37,5 e 50% Vol.
Na elaboración da augardente de herbas de Galicia empregaranse un mínimo de tres plantas de entre as que se relacionan a continuación: menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, azar, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela.
Presentación
En envases provistos de etiqueta na que se fai mención á Denominación Xeográfica “Augardente de Herbas de Galicia” e con contraetiqueta numerada expedida polo Consello Regulador.
Regulamentación
Datos técnicos
Produción (2007): 2.050 litros

Ficha técnica 2010 (16 Kb)
Pazo de Quián, s/n
15881 Sergude – Boqueixón
A Coruña
Tel.: 981 511 566
Fax: 981 511 934
E-mail: ![]()
Web: www.orujodegalicia.org
