Produto protexido
A D.X. "Orujo de Galicia/Augardente de Galicia" protexe a augardente elaborada a partir de bagazos de viños colleitados nos viñedos situados no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os produtos a protexer son: augardentes de bagazo, comercializadas ben no ano da súa obtención ou despois dun período de repouso, e augardentes de bagazo envellecidas que deberán permanecer en envases de madeira durante un período mínimo dun ano.
Orixe
Tanto a produción como a destilación do bagazo e o envellecemento das augardentes resultantes, de se producir este deberá ser realizado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, establecéndose 9 subzonas tradicionalmente produtoras, con peculiaridades propias: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Val do Miño-Ourense, Betanzos, Ribeira do Ulla e Portomarín.
Características
As augardentes da D.X. “Orujo de Galicia/Augardente de Galicia” deberán ter aroma e sabor intenso, fino e delicado, propio da materia prima da que procede, exento de elementos estraños; incoloro e de aspecto transparente e limpo nas augardentes de bagazo e ambarino-tostado nas augardentes envellecidas. A súa graduación alcohólica oscila entre os 37,5 e 50% Vol.
Presentación
En envases provistos de etiqueta na que se fai mención á Denominación Xeográfica "Orujo de Galicia" ou "Augardente de Galicia", e con contraetiqueta numerada expedida polo Consello Regulador.
Regulamentación
Datos técnicos
Rexistros a 31 de decembro de 2007:
Produtores de subprodutos da vinificación: 112
Destiladores: 29
Envellecedores: 14
Elaboradores-Embotelladores: 32
Volume de actividade no ano 2007:
Produción cualificada: 259.178 l
Valor económico: 3.152.303 €

Ficha técnica 2010 (16 kb)
Pazo de Quián, s/n
15881 Sergude – Boqueixón
A Coruña
Tel.: 981 511 566
Fax: 981 511 934
E-mail: ![]()
Web: www.orujodegalicia.org
