Contratación
Para contratar un seguro agrario é preciso poñerse en contacto con calquera das entidades aseguradoras que os tramitan e que están integradas na Agrupación Española de Seguros Agrarios Combinados (Agroseguro), accedendo á subvención de xeito inmediato e sen mais trámites administrativos.
A Delegación Noroeste de Agroseguro está na rúa Arquitecto Torbado, 6-2ºA, en León (c.p. 24003). Teléfono 987 207 911 e fax 987 250 409.
Para calquera dúbida, pódese poñer en contacto co Servizo de Sanidade e Produción Vexetal no teléfono 881 997 447 ou no enderezo electrónico sspvping@xuntapong.es.
Novidades para 2010
- Nova garantía para a recuperación da capacidade produtiva de especies leñosas e polas perdas de colleitas futuras derivadas destas labores.
- Novas liñas de cultivos agroenerxéticos e forraxeiros con garantías por saraiba, incendio, enchentas, chuvia torrencial e danos excepcionais.
- Ampliación ao conxunto das Denominacións de orixe da garantía para viñedos de características específicas.
- Revisión das coberturas no ámbito das producións agrícolas como son as do kiwi.
- Inclusión de novas razas no seguro equino así como de novas garantías como a febre do Nilo occidental e a peste equina africana.
- Novo seguro para a protección dos danos por fauna salvaxe nas especies vacuna, ovino - cabrún e equina.
- Establecemento dun novo seguro baixo a denominación tarifa xeral pecuaria que englobará ás explotacións cunícolas así como ao resto das producións gandeiras actualmente non asegurables.
- Novas coberturas nas liñas pecuarias xa existentes como son a cobertura dos animais de alto valor xenético e os sistemas de manexo alternativos nas liñas de seguro aviar así como unha nova garantía para cando ocorren sinistros de alta mortalidade e de maneira coincidente, sexa cal sexa a causa, nos seguros de explotacións de gando.
- Novo seguro forestal para plantacións de coníferas que cubran os sinistros por incendio, vento, chuvia torrencial e inundación pero con garantías só para o valor de recuperación e reforestación do terreo danado.