Rexistro fitosanitarios

Os produtos fitosanitarios son medios imprescindibles para a produción agrícola, tanto baixo os sistemas convencionais de agricultura, como baixo outros sistemas de agricultura, como a integrada ou a ecolóxica, pois os estragos potenciais das diferentes clases de pragas determinarían a inviabilidade de moitos cultivos nas zonas de produción de maior interese económico e social e ata a posibilidade de manter almacenadas as colleitas.

Con todo, a utilización de produtos fitosanitarios pode ter outros efectos non desexables e é imprescindible que estes efectos non sexan de ningún xeito perigosos para a saúde humana, nin cheguen a presentar niveis de risco inaceptables para o medio ambiente, incluídas a flora e a fauna silvestres.

Por iso, é preciso aplicar os mecanismos necesarios para que só se poidan comercializar aqueles produtos fitosanitarios que sexan útiles e eficaces para combater as pragas, pero que non impliquen outros riscos colaterais. Para que un produto se poida comercializar debe estar autorizado previamente e inscrito necesariamente no Rexistro Oficial de Produtos Fitosanitarios do MAPA.

Rexistro Oficial de Produtos Fitosanitarios do MAPA

Boletín de rexistro do uso de fitosanitarios na explotación (62 Kb)