A Consellería do Medio Rural e do Mar incentiva a renovación do parque de tractores e máquinas automotrices agrícolas mediante a substitución das máquinas máis vellas, que deberán ir destinadas ao desmantelamento, por novos tractores e novas máquinas que, ao estaren equipadas con modernas tecnoloxías, melloran as condicións de traballo, teñen unha maior eficiencia enerxética e producen menor impacto ambiental.
Os obxectivos que se pretenden acadar son:
Medio Rural promove o uso de maquinaria e de equipamento agrario en réxime asociativo, co fin de minimizar os custos das explotacións, mellorar as condicións de traballo do seus titulares, incrementar os mecanismos de seguridade e as novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e reducir as emisións contaminantes.
Os principais beneficiarios desta liña son aquelas CUMAS e SATS que teñan como obxecto social prioritario o uso de maquinaria ou que presten estes servizos.
A subvención cobre, como máximo, o 50% do investimento que se realice, que poderá consistir, entre outras cousas, na adquisición de maquinaria por primeira vez, na mellora tecnolóxica da mesma, na incorporación de sistemas mecánicos nas viñas ou na construción e adquisición de instalacións para o almacenamento de xurros ou forraxes.
Rexistro de maquinaria agrícola da Xunta de Galicia

