Os requisitos que establece a produción integrada recóllense para cada cultivo ou produto, ou grupo de cultivos ou produtos no correspondente regulamento técnico, que recolle as normas técnicas a seguir dende a fase de obtención da materia prima ata, se é o caso, a elaboración, manipulación, envasado, etiquetaxe, almacenaxe e posta á disposición do consumidor.
A produción integrada reflicte a aplicación destas normas ao garantir no seu sistema produtivo a rastrexabilidade das producións agrarias e consecuentemente, ao aplicar os principios de control, ao longo de toda a cadea de produción de alimentos. Deste xeito, en calquera punto das devanditas fases produtivas poderase verificar o cumprimento da aplicación das prácticas respectuosas co medio, así como a seguridade e a calidade do produto.
Produción integrada de cultivos hortícolas (2.418 Kb)
Produción integrada de kiwi (1.926 Kb)
Produción integrada de pataca (1.927 Kb)
Produción integrada de viñedo (2.636 Kb)

