O operador levará a cabo un autocontrol da explotación, reflectindo nun caderno de explotación oficial no caso do produtor, todas as prácticas realizadas no proceso de obtención do produto, desde a preparación do terreo e sementeira ata a súa recolección, de xeito que se garanta a rastrexabilidade no seu proceso de obtención.
No caso dun operador adicado á elaboración, manipulación, envasado, almacenamento, etiquetaxe ou comercialización exixiráselle un libro de rexistro, onde reflectirá as materias e produtos entrantes, todas as prácticas realizadas no proceso produtivo que corresponda así como os produtos saíntes, de xeito que, así mesmo, se garanta a súa rastrexabilidade. Ambos os dous estarán á disposición dos organismos controladores establecidos.
Pode descargar os cadernos de cada modalidade:
Base (65 Kb)
Horta (289 kb)
Kiwi (283 kb)
Pataca (295 kb)
Vide (335 Kb)

