Antecedentes
A Orde do 17 de maio de 1993 do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, no seu artigo 2 apartado 5, establece que os agricultores ou empresas inscritas no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, deberán renovar anualmente a declaración de cultivos dos vexetais ou produtos vexetais que estean a producir e/ou comercializar.
Por outra banda, en cumprimento da normativa reguladora do Rexistro Lei 30/2006, de 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e de recursos fitoxenéticos e do R.D. 1891/2008, de 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento para a autorización e rexistro dos produtores de sementes e plantas de viveiro e a súa inclusión no rexistro nacional de produtores, deberanse cumprimentar declaracións periódicas de produción e unidades vendidas por tipos comerciais.
En consecuencia, a declaración anual de cultivos e comercialización para o ano 2012 deberase cumprimentar preceptivamente, segundo as súas perspectivas de produción e/ou comercialización e deberá estar asinada polo responsable fitosanitario da empresa; será oportunamente rexistrada antes do 20 de abril 2012.
Aclaracións á declaración
Na folla primeira reflectiranse os datos xerais da empresa, así como os modelos de pasaporte utilizados e a situación das parcelas catastrais. Lémbrase que debe vir asinada polo responsable fitosanitario.
A folla dous da declaración de cultivos consta dunha dobre solicitude: por unha banda solicítase a ampliación de grupos de produción ou comercialización e pola outra a "autorización para expedir pasaportes fitosanitarios".
Pódese dar o caso no que nin se amplíen grupos nin se emitan pasaportes, polo que non será preciso que veña asinada.
Para o caso da emisión de pasaportes, recoméndase que se consulten os arquivos de "plantas e o seu pasaporte" e a información sobre pasaportes, xa que hai distintos condicionantes que regulan a emisión ou non do pasaporte fitosanitario.
Advírtese que se ao longo do ano e unha vez enviada a declaración de cultivos se amplían grupos de produción, deberase advertir aos servizos técnicos agrarios mediante a "solicitude de ampliación de grupos". E como consecuencia, se dentro deses grupos novos hai especies que necesiten emitir pasaportes, enviarase aos servizos agrarios a "solicitude de autorización para expedir pasaportes fitosanitarios".
A folla tres é unha folla explicativa do que é o documento da declaración en si mesmo.
No que se refire ao documento hai que destacar o seguinte:
Declaración de Cultivos vía web
Este ano ademáis da maneira anteriormente exposta, vostede poderá facer a súa declaración a través da Oficina Agraria Virtual no portal da Consellería de Medio Rural, servizos de agricultura, cos datos de acceso que se lles proporcionarán na comunicación que se lles envía todos os anos. No arquivo que ven a continuación poderá descargar a guía para manexarse na aplicación informática.
Buscador:
Instalóuse unha opción a hora de localizar as especies na declaración de
cultivos no epígrafe de “criterios”, en que poñendo o nome científico ou as
iniciais de él, e engandido % cun espacio no medio, a especie aparecerá dun
xeito máis rápido. Exemplos: Castanea % ou Ca %.
Para calquera consulta sobre esto ou outro tema ten o botón de axuda (unha
interrogación), na parte de arriba da páxina
Guía de uso (1.278 Kb)
Pasaporte Fitosanitario
Todas aquelas empresas que aínda non fixeran a actualización do modelo de Pasaporte Fitosanitario ou que non o enviasen, unha vez que fóron dados de alta no Rexistro de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, deberán enviar dous modelos orixinais as súas Xefaturas Territoriais correspondentes, de non facelo serán requeridos no momento da inspeción fitosanitaria e de non estar en regla, poderán ser sancionados conforme a Lei de Sanidade Vexetal.A información sobre os modelos de pasaporte así como e cando deben utilizarse atoparaa no epígrafe Boletín Informativo sobre Pasaportes (abaixo relacionado).
Teléfonos de consulta:
A Coruña: 981.182259
Pontevedra: 886.206550
Lugo: 982.294979
Ourense: 988.386557
Santiago: 881.546276
Solicitude de inscrición no Rexistro oficial de produtores, comerciantes e importadores de vexetais
| Información básica (19 Kb) | ||
| (449 Kb) | (32 Kb) | Solicitude de inscrición |
Solicitude de ampliación da inscrición no Rexistro oficial de produtores, comerciantes e importadores de vexetais
| (60 Kb) | (27 Kb) | Solicitude de ampliación |
Solicitude de autorización para a expedición de pasaportes fitosanitarios
| (95 Kb) | (13 Kb) | Códigos plantas (33 Kb) |
Solicitude de modelo de pasaporte fitosanitario no Rexistro oficial de produtores, comerciantes e importadores de vexetais
| (52 Kb) | (27 Kb) | Solicitude de modelo |
Declaración anual de cultivos e comercialización
Folla 1 declaración (47 Kb)
Folla 2 declaración (38 Kb)
Declaración plantas 2012 (147 Kb)
Boletín informativo sobre Pasaportes
| (50 Kb) | (20 Kb) | Formulario |
Boletín informativo (49 Kb)


